Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema "A galiña Turuleca"

Data: 
18/03/2021
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

A famosa galiña da canción dos pallasos da tele chega á gran pantalla nun filme de produción española e arxentina con Gloriamundi Producciones. Víctor Monigote e Eduardo Gondell dirixen esta película que se proxectará o xoves, 18 de marzo, ás 18.30 h no Teatro Municipal.

Turuleca é unha galiña singular no galiñeiro. Pero un día unha exprofesora de música levaa a vivir a súa casa, e descobre o seu gran talento, fala e canta. Ese talento permítelle superar os seus medos, e iniciar unha aventura na que atopar o seu lugar no mundo.

Duración: 79 minutos

Prezos: 4€ e 3€.

Venda de entradas dende o luns 15 de marzo até o xoves 18 ás 17.30 h

MERCAR ENTRADAS