Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema "E.T."

Data: 
31/07/2020
Lugar: 
Paseo Fluvial

Unha historia de amizade entre un neno e un extraterrestre é a que poderemos gozar o venres, 31 de xullo, ás 22.15 h no Paseo Fluvial no cinema da programación de verán. Será coa proxección de "E.T." dirixda en 1982 dirigida por Steven Spielberg e protagonizada por Henry Thomas. A capacidade é 300 persoas previa reserva de entradas en www.enterticket.es

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 27 de xullo. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso á proxección  60 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.