Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ciclo de conferencias “1118 La huella de Gelmírez en la sede tudense”

Data: 
17/11/2018
Lugar: 
Igrexa de San Bartolomeu e Sala Félix Rodríguez

O sábado, 17 de novembro, celébrase en Tui un ciclo de conferencias co gallo do aniversario do Concilio galego de San Bartolomeu de Rebordáns. O título destas conferencias será “1118 La huella de Gelmírez en la sede tudense”. Están organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Tui.

Ás 11.45h no adro da igrexa de San Bartolomeu, de forma previa á primeira conferencia escenificarase a chegada do arcebispo Xelmírez a Tui, contándose co acompañamento musical dos grupos Arume de Malvas e as Pandereteiras de Caldelas. Así mesmo, as asociacións Espenicelo e San Roque e San Bartolomeu colaborarán co engalanamento do adro da igrexa.

A continuación, ás 12h, na propia igrexa de San Bartolomeu Javier Castiñeiras López disertará sobre “San Bartolomé de Rebordáns y el primer románico”.

Xa pola tarde, na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica Rafael Fandiño Fuentes abordará ás 16.30h “El paso de unas reliquias por el río Miño: Diego Gelmírez y “el Pío Latrocinio”, e Ermelindo Portela Silva pronunciará ás 18h a conferencia “Diego Gelmírez y la frontera del Miño”.

Programa:

  • Sábado 17 de novembro
  • 11.45h. Escenificación da chegada a Tui do bispo Xelmírez, no adro da igrexa de San Bartolomeu
  • 12.00h. Javier Castiñeiras López, “San Bartolomé de Rebordáns y el primer románico”, que terá lugar na igrexa de San Bartolomeu.
  • 16.30h.            Rafael Fandiño Fuentes, “El paso de unas reliquias por el río Miño: Diego Gelmírez y “el Pío Latrocinio”, na sala Félix Rodríguez-Área Panorámica (Tui).
  • 18.00h. Ermelindo Portela Silva, “Diego Gelmírez y la frontera del Miño”, na sala Félix Rodríguez-Área Panorámica (Tui).