Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Autocine "Joker"

Data: 
14/08/2020
Lugar: 
Aparcamento Municipal

"Joker" é o título da segunda película que poderá visionarse este verán no autocine, no aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica..  Conta cunha capacidade para 100 coches.

Todd Phillips dirixe a Joaquin Phoenix, Robert De Niro, Zazie Beetz, Frances Conroy, Brett Cullen, Bill Camp, entre outros.  Ambientada en Gottam relata a historia de Arthur Fleck cuxa única motivación na vida é facer rir á xente.  O seu soño é actuar coma cómico diante do público, pero os seus problemas mentais fan que a xente o mire coma un bicho raro.

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 10 de agosto. Máximo 100 coches.
  • Acceso ao espectáculo 90  minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.