Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Autocine "Grease"

Data: 
24/07/2020
Lugar: 
Aparcamento municipal

O autocine é unha das novidades de programación do verán cultural de 2020 en Tui. Estréase o venres, 24 de xullo, coa proxección da película "Grease" protagonizada por John Travolta e Olivia Newton John. Será no aparcamento municipal, na traseira da Área Panorámica, cunha capacidade para 100 coches. Esta comedia romática musical foi rodada en 1978 baixo a dirección de Randal Kleiser. Está ambientada nos anos 50, e conta a historia de amor entre Danny Zuko e Sandy Olsson.

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 20 de xullo. Máximo 100 coches.
  • Acceso ao espectáculo 90  minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.