Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aprazada - Visita guiada ao Nadal no patrimonio tudense

Data: 
21/12/2019
Lugar: 
Saída da praza de San Fernando

Debido as adversas condicións meteorolóxicas a visita guiada foi aprazada. 

Este sábado, 21 de decembro, ás 17 h partirá da praza de San Fernando a visita guiada ao Nadal no patrimonio tudense.

Esta actividade é froito da colaboración entre o Concello de Tui e o Instituto de Estudios Tudense para a promoción e divulgación do noso patrimonio cultural.

Realizará un percorrido polas pegadas que o Nadal ten nos bens culturais integrantes do patrimonio tudense sendo algúns dos principais enclaves a Catedral de Tui e a igrexa de San Domingos.

A visita estará guiada por Ramón Fernández e Rafael Sánchez, membros do Instituto de Estudios Tudenses.

Esta actividade forma parte da programación “Tui, o Camiño do Nadal, o camiño natural”.

Colabora nesta actividade o Cabido da Catedral e a Asociación Amigos da Catedral.

* Non é preciso inscrición previa