2 Mind Combined con “Maxia sen trucos”
Data:
4/03/2021
Lugar:
Teatro Municipal da Área Panorámica
Maxia e ilusionismo abren a programación cultural de inverno no Teatro Municipal de Tui. 2 Mind Combined presenta “Maxia sen trucos” o xoves, 4 de marzo, ás 18.30 h.
Ian Hamilton e Elisa Alfaya achegan un fermoso espectáculo cheo de corido e ilusión no que mesturan maxia e sombras chinescas creando un mundo imaxinario onde todo é posible.
Duración: 50 minutos
Prezos: 4€ e 3€.
Venda de entradas dende o luns 1 de marzo até o xoves 4 ás 17.30 h
Recomendada: público familiar a partir de 4 anos