Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Consulta dos datos de inscrición no Censo Electoral

17/02/2020

Até o próximo luns, 24 de febreiro, pódense consultar os datos de inscrición no censo electoral para as eleccións ao Parlamento de Galicia que se van celebrar o domingo 5 de abril. As persoas interesadas poden consultar os seus datos no Padrón na casa do concello, de luns a venres de 9 a 14 h. Até o luns poden presentar tamén as reclamacións que estimen oportunas.