Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aviso corte de auga Areas

18/06/2021

O Consorcio de Augas do Louro informa da realización dun corte de subministro da tubaxe principal de fundición de 450 mm de diámetro que abastece ao polígono de Areas, á parroquia de Areas e aos Concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda, programado para o vindeiro luns 21/06/21 a partires das 23:00 horas e ate o martes 22/06/21 ás 07:00 horas.

O corte de subministro é debido á necesidade de conectar esta tubaxe, afectada pola construción dun paso inferior da Vía de Alta Capacidade Tui – A Guarda, cunha nova tubaxe provisional durante obras que está executando a Axencia Galega de Infraestruturas no termo municipal de Tui.

O corte afectará durante esas oito horas aos usuarios do polígono de Areas e da parroquia de Areas, non sendo previsible que o corte afecte aos usuarios de Tomiño, O Rosal e A Guarda.

O desvío será executado pola Axencia Galega de Infraestruturas e se estima que o abastecemento a través da nova tubaxe desviada prolongarase durante catro meses aproximadamente.