Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do casco urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

Mañá ábrese o prazo de presentación de solicitudes ás axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do conxunto histórico de Tui

Undefined

Mañá mércores, 28 de marzo, ábrese o prazo de presentación de solicitudes ás axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do conxunto histórico de Tui.

Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios, Vivendas e Urbanización no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui

Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios, Vivendas e Urbanización no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui. Publicada no BOP o venres, 2 de marzo de 2018. 

A Oficina da Rehabilitación informa das axudas do Bono de Alugueiro Social 2018

Undefined

A Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui informa sobre as axudas do  programa Bono de Alugueiro Social da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia que veñen de ser publicadas no DOGA. Estas axudas van destinadas a atender, con carácter urxente, ás persoas que sufriron desafiuzamento, vítimas da violencia machista, beneficiarios do Programa Aluga que se lles rematara esta axuda, ou aqueles que incorren en circunstancias de emerxencia social.

“A arte e o Nadal en Tui” pecha este sábado as visitas culturais deste ano

Undefined

Esta fin de semana terán lugar os dous últimos percorridos das visitas culturais organizadas polo Concello de Tui e nas que dende o pasado mes de xuño teñen participado máis de 4 mil persoas.

O venres 15, ás 19.15h, dende a praza da Inmaculada sairá a visita a “Cidade Histórica”, que brindará de novo a posibilidade de achegarse á evolución da cidade ao longo de 800 anos dende o urbanismo medieval, que marca o aspecto actual da cidade.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Patrimonio