Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do casco urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

Dous camelios e un cactus existentes nas propiedades afectadas pola apertura da rúa Ourense foron plantados nos xardíns de Troncoso

Undefined

Onte procedeuse á retirada de dous camelios de grandes dimensións e lonxevidade, un deles centenario, ademais dun cactus sudamericano, das propiedades lindeiras á rúa Ourense que están a ser demolidas para a apertura da rúa que conectará con Colón, Augusto González Besada e Martínez Padín,

Estes dous camelios e o cactus sudamericado foron plantados nos xardíns de Troncoso, conservando así estes dous exemplares nun novo emprazamento nunha actuación promovida pola concellería de Patrimonio e Medio Ambiente que permite ampliar o patrimonio botánico municipal.

O Concello de Tui solicitará á Dirección General de Arquitectura a rehabilitación do Teatro Principal

Undefined

Co obxectivo de estudar a posibilidade de que a Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo do Ministerio de Fomento asuma a rehabilitación do Teatro Principal o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de solicitarlle unha entrevista ao seu titular Francisco Javier Martín Ramiro.

Ciclo de conferencias “1118 La huella de Gelmírez en la sede tudense”

O sábado, 17 de novembro, celébrase en Tui un ciclo de conferencias co gallo do aniversario do Concilio galego de San Bartolomeu de Rebordáns. O título destas conferencias será “1118 La huella de Gelmírez en la sede tudense”. Están organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Tui.

Mañá conmemórase cun ciclo de conferencias o concilio galego celebrado en 1.118 en Tui

Undefined

Mañá sábado, 17 de novembro, celébrase en Tui un ciclo de conferencias co gallo do aniversario do Concilio galego de San Bartolomeu de Rebordáns. O título destas conferencias será “1118 La huella de Gelmírez en la sede tudense”. Están organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Tui.

Nos últimos días instaláronse 16 novos sinais na cidade histórica

Undefined

O Concello de Tui vén de rematar nos últimos días a ampliación da sinalización do Conxunto Histórico Artístico e en parte do trazado do Camiño Portugués de Santiago.  Para acometer este proxecto contouse cunha achega da Axencia de Turismo de Galicia que concedeu 18.265,24€ dos 28.100,37€ que se investiron. Neste caso tratouse da instalación de 16 novos sinais en puntos de interese, que se suman aos 36 colocados na primeira fase desta sinalización iniciada en 2016.

Comezaron este luns as obras de restauración do palco de música de Tui

Undefined

Onte luns comezaron as obras de rehabilitación do palco de música de Tui. O palco situado no Cantón de Diomedes, ao pé do paseo da Corredoira foi construído en 1897 e dende hai varios anos deixara de utilizarse polo deterioro que presentaba. Para a realización destas obras foron precisos dous proxectos. Por un lado o de rehabilitación de carpinteiría e canteiría, redactado polo arquitecto Rubén Martín Vázquez, e outro específico para os elementos de forxa, cuxa redacción correu a cargo de  Gonzalo Buceta Brunete.

A música sefardí e a visita aos Sambenitos pechou as Xornadas Europeas da Cultura Xudía en Tui

Undefined

As Xornadas Europeas da Cultura Xudea en Tui  remataron esta fin de semana con dúas actividades.

O sábado pola noite o público puido disfrutar da música sefardí a cargo de Ana Alcaide e Bill Cooley. O tema das xornadas deste ano foron os relatos, e a música sefardí aporta unha gran carga emocional froito da vivencias e o exilio das familias xudeas. De aí a necesidade de expresar nas xornadas deste ano, tamén coa música, unha parte da cultura hebrea, máxime na voz e mans de Ana Alcaide acompañada por Bill Cooley. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Patrimonio