Este venres preséntase o libro ‘Historias en pedra, Tui e as súas parroquias’ de Rosa Mª Vila
Este venres día 3 de febreiro, o Edificio Francisco Sánchez acollerá a presentación do libro ‘Historias en pedra, Tui e as súas parroquias’ da artista tudense Rosa María Vila, á venda nas librarías da cidade. Será nun acto ás 19:00 h.
Rosa Mª Vila recolle nas páxinas do libro máis de 20 debuxos realizados coas técnicas de plumiña dos seus inicios e da acuarela. Tras 25 anos de traballo, a idea de plasmar nunha publicación rúas, paisaxes e igrexas de Tui e das parroquias, xurdiu en plena pandemia, cando estaba prohibida calquera tipo de mobilidade.