Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Presentación do libro “Historia en pedra, Tui e as súas parroquias” de Rosa María Vila

O edificio Francisco Sánchez acolle o venres, 3 de febreiro, ás 19 h a presentación do libro  “Historia en pedra, Tui e as súas parroquias” de Rosa Mª Vila. A artista tudense plasma neste libro unha parte da súa obra na que, con distintas técnicas, plasma diferentes lugares tanto do centro urbano tudense coma das parroquias. Acompaña cada ilustración dun texto. 

Chévere abre o ciclo teatral no Teatro Municipal de Tui con N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Undefined

Chévere abre, este venres, a programación teatral para os meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui, nunha proposta coproducida polo Centro Dramático Nacional.

N.E.V.E.R.M.O.R.E. é o título desta obra de teatro, que abre a caixa negra do Prestige e rescata a maior traxedia medioambiental de Galicia, o berro dun pobo ante a catástrofe e tece lazos coa pandemia actual.

Co desastre do Prestige como tema central do espectáculo, esta obra de Xron acode á memoria colectiva para recordar esta historia.

Seis espectáculos conforman a programación do Teatro Municipal para os meses de febreiro e marzo

Undefined

Seis propostas conforman a programación que nos meses de febreiro e marzo se van celebrar no Teatro Municipal de Tui.

Haberá tres obras de teatro, dúas para público adulto e unha para público infantil, celebrarase o 11º aniversario da Eurocidade Tui-Valença cun concerto, a maxia chegará con perspectiva de igualdade e proxectarase o filme ‘Canta 2’.

Cinema "Canta 2"

O cinema chega ao Teatro Municipal de Tui o 17 de marzo coa proxección do filme familiar Canta 2. Buster Moon e o seu elenco de estrelas prepáranse para estrear a súa actuación más impresionante ata a data. Pero antes teñen que persuadir ao rockeiro máis solitario do mundo para que se una a eles. 

  • Data: Venres, 17 de marzo
  • Hora: 19.30 h
  • Dirección: Garth Jennings.
  • Duración: 110’
  • Público: Todos os públicos

COMPRA DE ENTRADAS

Ibuprofeno Teatro con "Smoke on the water"

Ritchie (Blackmore) vive ancorado na música dos anos 70 e ten unha tenda de vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta e estuda filosofía na universidade. O seu matrimonio sobrevive tras case 25 anos de crise permanente. Pero aparece Alex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora, que dá a volta a esta relación. 

Rock and Roll, humor negro e crítica social mestúranse en Smoke on the water, da compañía Ibuprofeno Teatro

Magia en la manga con "A igualdade non ten truco"

Por que hai máis magos que magas? É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas.

A igualdade non ten truco é unha charla espectáculo de maxia da compañía Magia en la manga que se basea en promover a igualdade de xénero a través do ilusionismo. Sara Rodríguez e Carlos Tomico realizan misterios e imposibles, viaxes e transformacións inexplicables, nunha posta en escena divertida e máxica.

Teatro Ghazafelhos con "As pitas baixo a choiva"

Ludivina e Terejía son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Alí esperan a visita de Ricardiño, o neno que vén ás veces xogar con elas. Pero temen que ese día chova, pois canto iso pasa, Ricardiño tolea e perségueas até pechalas no curral. 

Coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende tentarán que o neno deixe de tolear e siga xogando con elas. A compañía Ghazafelhos adapta nesta obra familiar o conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva. 

11º Aniversario Eurocidade Tui-Valença

O 11º aniversario da Eurocidade Tui-Valença celebrarase no Teatro Municipal de Tui o venres 10 de febreiro ás 21.30 h ES co concerto ‘24 caprichos fadistas’ da man do violinista portugués Eliseu Silva. 

Unha oda á cultura portuguesa e unha homenaxe ao fado como patrimonio inmaterial da humanidade. Deste xeito, celebraranse os 240 anos do maior violinista de todos os tempos, Nicollo Paganini.

Chévere Teatro con "N.E.V.E.R.M.O.R.E"

O 13 de novembro de 2002 está marcado nas vidas de moitas persoas. O motivo foi a catástrofe do Prestige, tema que aborda Chévere coa súa obra N.E.V.E.R.M.O.R.E, un espectáculo que acode á memoria colectiva para recordar esta historia. 

Chévere abre aquí a caixa negra do Prestige e rescata a maior traxedia medioambiental de Galicia, o berro dun pobo ante a catástrofe e tece lazos coa pandemia actual.

Dirección: Xron.

Coproducción: Centro Dramático Nacional e Chévere co apoio de Agadic.

Últimos días para visitar a exposición “O Camiño Portugués, lembranzas de mar e pedra”

Undefined

Últimos días para visitar a exposición “O Camiño Portugués, lembranzas de mar e pedra”  na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui. A mostra que foi inaugurada a comezos do pasado mes de decembro, remata a súa estadía na nosa cidade este sábado 28 de xaneiro.

A través de 71 instantáneas tomadas nos séculos XIX, XX e XXI, a mostra presenta as realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que une as cidades do Porto e Santiago de Compostela e que ten en Tui a súa porta histórica de entrada en Galicia.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura