Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do programa conmemorativo dos 50 anos de Biblioteca Pública en Tui

19/09/2020

O próximo luns, 21 de setembro, ás 10.30 h na Sala de Exposicións Municipal terá lugar a presentación do programa de actividades conmemorativo dos 50 anos da biblioteca municipal de Tui.

A presentación correrá a cargo da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e do director da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela.