Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno ordinario da corporación municipal correspondente ao mes de xullo

29/07/2020

A corporación municipal de Tui celebra o xoves, 30 de xullo, ás 20 h, a porta pechada para o público sesión plenaria de carácter ordinario correspondente ao mes de xullo. 

A sesión poderá seguirse en directo a través da Radio Municpial de Tui. A orde do día é a seguinte:

A) Parte resolutiva: 
1º.- Aprobación, se procede, de borradores das actas de sesións anteriores nº 4 de 28/05/2020 e nº 5 de 15/06/2020. 

2º.- Toma de posesión de María del Pilar Besada Barahona á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (RE 4188 do 07/07/2020). 

3º.- Expediente 799/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 03/07/2020, de rectificación do acordo de Pleno da sesión ordinaria do 28/05/2020 en relación ao expediente de suplemento de crédito nº 1/2020 (modificación de créditos 16/2020). 

4º.- Expediente 811/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 03/07/2020 , de rectificación do acordo de Pleno da sesión ordinaria do 28/05/2020 en relación ao expediente de crédito extraordinario nº 4/2020 (modificación de créditos 17/2020). 

5º.- Expediente 1320/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 23/07/2020, relativa a aprobación do expediente de crédito extraordinario nº 5/2020 (Modificación de créditos 23/2020) financiado con remanente líquido de tesoureria paga gastos xerais". 

6º.- Expediente 366/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta de Alcaldía, de data 16/07/2020, relativa a aprobación definitiva do "Inventario de vías e camiños municipais do Concello de Tui". 

7º.- Expediente 1114/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 01/07/2020, relativa a modificación bases de execución do Orzamento 2020. 

8º.- Expediente 2987/2018. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 16/07/2020, relativa a aprobación de bonificación de ICIO correspondente a obras que realizan os afectados de Paramos. 

9º.- Expediente 1207/2020. Proposta da concelleira de Facenda, de data 20/07/2020, relativa a a bonificación de ICIO correspondente as obras de "Limpeza e cambio de tellas rotas" sito na rúa San Telmo, 66. 

10º.- Expediente 1267/2020. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, do 23/07/2020, de proposta de Alcaldía, de data 17/07/2020, relativa a adhesión do Concello de Tui á Rede de Concellos ÁGORA polo Espazo Público. 

11º.- Expediente 1308/2020. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deportes, do 23/07/2020, de proposta de Alcaldía, de data 22/07/2020, relativa ás "Bases reguladoras para concesión de axudas municipais de material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Secundaria do Concello de Tui - Curso 2020-2021". 

12º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, relativo a proposta de Alcaldía, de data 20/07/2020, de adaptación da normativa tributaria co fin de poder modificar as ordenanzas fiscais municipais. 

13º.- Ditame da comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais, do 23/07/2020, relativo a "Moción do Sr. Palacín Rodríguez con RE nº 2020-E-RE-1417 do 23/07/2020, sobre a Estrada PO 404 e a necesaria abordaxe urxente dos tres puntos negros máis graves". 

14º.- Mocións de Urxencia. 

B) Actividade de control: 

15º.- Dación de conta de resolucións de Alcaldía do nº 553, do 25/05/2020, ao nº 814, do 23/07/2020. 

C) Rogos e preguntas: 

16º.- Rogos e preguntas
 

Ver convocatoria