Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O cinema pecha a programación de novembro no Teatro Municipal

26/11/2020

Mañá ás 19.30 h proxectarase “Arima” de Jaione Camborda

Coa proxección da película “Arima” de Jaione Camborda péchase mañá a programación do mes de novembro no Teatro Municipal de Tui.  A cita será ás 19.30 h con entrada de balde pero previa reserva en tui.gal. A capacidade está reducida a 30 espectadores segundo o establecido pola Consellería de Sanidade na orde do 4 de novembro de 2020.

O filme recibiu o Premio á Mellor Dirección 'Las Nuevas Olas' no Festival de Sevilla e o Premio Escáner no Festival Márgenes. Está interpretado por Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey e Mabel Rivera.

Achéganos a historia de catro mulleres e unha nena cuxa vida se ve alterada pola inesperada chegada de dous forasteiros á aldea. O filme transita entre o real e o imaxinario, entre o pesadelo e o soño relata unha historia chea de misterio.

As entradas de balde poden reservarse en tui.gal.

Reserva de entradas