Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A hostalería de Tui poderá abrir dende o venres pero só en terraza

2/12/2020

Ás 00 h deste venres, 4 de decembro, entrará en vigor unha suavización das restricións en Galicia segundo avanzou a Xunta de Galicia.

Tui continúa no nivel máximo de restriccións fixado para aqueles concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia acumulada a 14 días igual ou maior de 250.

Entre as medidas, que virán publicadas mañá xoves no DOG, está que se permitirá a interacción social entre persoas non conviventes, que no caso de Tui será dun máximo de 4 persoas. 

Abrirase a hostalería, gradualmente e con limitacións segundo os indicadores. En Tui ao estar no nivel de máxima restrición a hostalería poderá abrir só terrazas ao 50 %, ata as 17 h e cunha agrupación máxima de 4 persoas conviventes ou non.

En canto á mobilidade continua en vigor o peche perimetral de Tui.

Non haberá cambios no interior dos comercios, onde seguirá habendo aforos do 50%; tampouco no transporte público, que manterá as mesmas condicións vixentes nas últimas semanas; e  mantense a limitación á mobilidade despois das 23 h.