Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema, teatro e música propostas esta semana en “Volvemos á rúa”

27/07/2020

Cinema, música e teatro de monicreques centra a oferta para esta derradeira semana do mes de xullo na programación “Volvemos á rúa”. 

A primeira das propostas desta semana é chega da man da charanga tudense Cantos Somos que ofrecerá un pasarrúas o mércores dende ás 21 h. 

Xa o xoves, ás 21 h, no Paseo da Corredoira actuarán Fantoches Baj co espectáculo de teatro de monicreques "Os romeiros do caracol". Poderán asistir 100 persoas que poden reservar a súa entrada, de forma gratuíta, en www.enterticket.es até o xoves ás 12 h.

Trátase dun espectáculo de monicreques e música no que Inacio Vilariño, director, actor e manipular, e Carlos Quintá, músico, achégannos ás historia do camiño de San Andrés de Teixido baseándose na obra "Romarías e Santuarios de Galicia" de Antón Fraguas.   Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos que empregan. A escenografía é un enorme caracol no que cantan e contan as lendas de San Andrés.

O venres será a quenda do cinema coa proxección do clásico “E.T.” será ás 22.15 h no Paseo Fluvial.  Poderán asistir 300 persoas tras reservar entrada, até o venres ás 12 h, en enterticket.es.

Por último dentro de Música na Rúa o sábado dende ás 21 h fará un pasarrúas polo centro urbano a Asociación do Traxe de Tui.