Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XI Tui Le

23/04/2020

Este ano debido á pandemia do COVID19 celébrase on line

Arredor da celebración do “Día do Libro” as bibliotecas  escolares de Tui xunto coa Biblioteca Municipal de Tui e de Valença celebran anualmente unha festa do libro e a lectura que reúne a máis de 1500 alumnos. Habitualmente celébrase na praza de San Fernando, pero este ano debido á pandemia do COVID19 e ao confinamento que debemos gardar artellouse a súa celebración on line. 

Participan as bibliotecas escolares dos CEIP's nº1, nº2, Pazos de Reis e  Rebordáns, do Colexio Maristas Santa María e do IES San Paio.

Estes son os seus vídeos: 

CEIP nº1

O alumnado de 6º do CEIP Nº1 súmanse tamén a Tui Le reflexionando sobre "é tempo de... pero dende a casa".

CEIP nº2

A profe Eli conta "Que Chega o Lobo"

CEIP de Pazos de Reis

Dende o CEIP de Pazos de Reis achégannos dous vídeos un do alumnado de Primaria cunha adaptación do monstro de cores e outro de infantil co conto do dragón.

CEIP de Rebordáns

Dende o CEIP de Rebordáns súmanse a Tui Le coa lectura do poema "Terra de Tui" de Emilio Álvarez Blázquez.

Colexio Maristas

O Colexio Maristas editou un vídeo co seu alumnado e profesorado lendo na casa 

 

IES San Paio

Alumnado do IES San Paio emprega o poema "Libros aberto, libros pechados" no seu vídeo para felicitar o Día do Libro