Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xampatito Pato presenta este venres no Teatro Municipal o espectáculo de circo-teatro: “Só”

28/10/2020

Será as 19.30 h, cunha capacidade limitada a 60 espectadores 

Unha proposta para todos os públicos na que se combina circo e teatro é que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui, dentro da programación cultural “Volvemos ao Teatro” organizada polo Concello de Tui.  Será da man da compañía Xampatito Pato co espectáculo “”. Comezará ás 19:30 h e coa capacidade limitada a 60 persoas, cumprindo todas as medidas de prevención e seguridade.

“Só” achéganos a historia dun personaxe, único na súa especia, obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Pero está rodeado de caixas que escapan do seu control polo que xoga con elas para darlles forma. Do caos de partida xorde un universo onde se inventa a risa, e se crea unha loucura cómica, que se transforma nun novo ser, cunha nova figura.    

Baixo a dirección de Arturo Cobas sobre o escenario estará Jesús Velasco, nun espectáculo cunha duración de 50 minutos. “Só” ten recibido numerosos galardóns, entre eles o 2º Premio Panorama Circada 2019, e o Premio do Público do Festival Malabharía 2020.

As entradas están á venda, en www.tui.gal até o venres ás 18:30 h ou o mesmo venres, dende unha hora antes do inicio da función, no despacho de billetes. Teñen un prezo de 4€ e 3€, este último para público infantil e para as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos. 

Comprar entradas