Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unha persoa foi detida o sábado á noite por desobediencia e resistencia a autoridade tras ser detectada ás 23.50 h nun control conxunto de Policía Local e Garda Civil

7/12/2020

A Policía Local de Tui realizou na noite do sábado ao domingo un control conxunto coa Garda Civil de Tui. O obxectivo era comprobar o cumprimento da prohibición de tránsito entre ás 23 h e ás 6 h. 

No mesmo procederon á detención dunha persoa por desobediencia e resistencia á autoridade. O detido circulaba nun vehículo ás 23.50 h e saltouse o alto dado polos axentes no control.  Foi interceptado 500 metros despois, negándose a someterse á proba de alcoholemia sen ningún tipo de explicación polo que nun primeiro momento lle foi imputado un delito por negarse á realización destas probas. Posteriormente os efectivos de Policía Local e Garda Civil  procederon a súa detención por desobediencia e resistencia á autoridade, resultado ferido, sen gravidade, un dos axentes. Fíxose cargo desta segunda intervención a Gardia Civil.

Por outra parte axentes da Policía Local acudiron o sábado ás 22.05 h á autovía A55, a altura da saída de Guillarei,  onde se rexistrou un accidente, ao envorcar un vehículo. Tamén acudiron efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, os Bombeiros do Porriño e da Garda Civil de Tráfico.