Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ultreia, o desafío popular do Camiño de Santiago, sairá dende Tui

20/02/2018

Percorrerá a distancia de 46 quilómetros, até Pontevedra, nunha única xornada, o domingo 4 de marzo

Os peregrinos da antigüidade saudábanse uns a outros gritando: Ultreia. Era a mensaxe de ánimo para chegar ao lugar prometido.

A Ultreia é unha marcha de sendeirismo popular, que se presenta como un reto, un estímulo, unha xornada de convivencia... accesible para calquera tipo de persoas, independentemente das súas calidades físicas.

Ao longo da proba, se establecerán tres puntos de recollida dos participantes que non poidan chegar a Pontevedra, e que os levarán ata a chegada. Desta maneira, cada participante poderá facer a marcha que mellor se adapte a súas condicións.

As inscricións estarán abertas ata o 25 de febreiro, a través da páxina www.cronotec.es, a un prezo de 6,20€ por persoa, recibindo os participantes unha camiseta conmemorativa, unha mochila, os avituallamentos, así como o seguro deportivo e os traslados ata o punto de saída.