Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui volve estar en alerta vermella ao superar os 21 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días

17/11/2020

 

Tui volve estar en nivel de alerta vermella ao superar os 21 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días. Na fin de semana, o sábado e domingo o municipio situouse en alerta laranxa ao baixar dos 21 novos casos na última semana, porén onte luns volvía a alerta vermella, situación na que se manten na xornada deste martes. 

No municipio continúan en vigor as medidas restritivas establecidas pola Xunta de Galicia que abranguen entre outros o peche perimetral, prohibición de reunións de persoas non convivintes ou peche de cafeterías, bares e restaurantes salvo para entrega a domicilio ou recollida no local.