Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui realizará o 30 de xuño a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado

18/06/2019

Por este motivo o Concello porá autobuses gratuítos para desprazarse até Lugo. Os interesados en acudir deben anotarse ate o próximo martes 25

Este ano correspóndelle ao Concello de Tui realizar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado o próximo domingo, 30 de xuño, na Catedral de Lugo.

Por este motivo o Concello de Tui pon á dispor da cidadanía autobuses gratuítos para desprazarse até Lugo. As persoas interesadas en acudir á Ofrenda deberán inscribirse até o próximo martes 25, inclusive, na casa do concello de luns a venres de 9 a 14 h ou no teléfono 617 498 103 de 9.30 h a 13.30 h e de 16 a 21h.  Os autobuses sairán o domingo 30 ás 8 h.

Neste ano 2019 cúmprense 350 anos desta ofrenda que dende 1669 realizan as sete cidades que foron capital do Antigo Reino de Galicia, e que coincide coa celebración do Corpus Christi.