Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui contará este ano con catro Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra de patinaxe, balonmán, fútbol e piragüismo

20/09/2017

A inscrición está aberta ata o venres 29 de setembro

O próximo mes de outubro comezarán a súa actividade en Tui as catro escolas deportivas que haberá esta temporada 2017/18 no municipio dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas.

Como na temporada anterior, o Concello de Tui contará cos deportes de patinaxe, balonmán, fútbol e piragüismo, que comezarán as súas actividades no mes de outubro.

A inscrición está aberta ata o venres, 29 de setembro, entregando cumprimentada a folla de inscrición na secretaría do Concello de Tui, a través dos clubs deportivos Club Balonmán Tui, CD Ribadelouro, Club Kaiak Tudense e Club Piragüismo Penedo, a través do enderezo electrónico deportes@depo.es ou en calquera dos rexistros da Deputación ou nos das oficinas do  ORAL.

Toda a información e o impreso de inscrición pode atoparse na web da Deputación