Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Proxección de “Teen Titans Go!” mañá mércores ás 22 h na praza de San Fernando

13/08/2019

Esta película pecha o ciclo de Cinema de Verán

Mañá mércores, 14 de agosto, remata o ciclo de Cinema de Verán que forma parte da programación de “Verán na rúa”. Mañá ás 22 h, na  praza de San Fernando proxectarase a película “Teen Titans Go” dirixida por Aaron Horvath e Peter Rida Michail.

Tras decatarse que outros superheroes teñen as súas propias películas os Teen Titans buscan o director perfecto para debutar na gran pantalla. Pero no seu camiño atópanse con Supervillano e o seu maléfico plan para facerse coa Terra.

  • Cinema de verán “Teen Titans Go!”
  • Data: Mércores, 14 de xullo, ás 22.00 h
  • Lugar: Na Praza de San Fernando