Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Protección Civil de Tui conta cunha nova directiva

22/07/2020

Durante o estado de alarma realizaron 477 horas de colaboración en distintos servizos

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui conta con nova xunta directiva froito das eleccións celebradas hai uns días. Así Juan Manuel González Estévez ocupa o cargo de presidente, María Fernanda Abreu Estévez é a secretaría e Adolfo Pérez Paramos o tesoureiro. Mentres os vogais son Nicolás Francisco Martínez Pazo, Alberto Solleiro Álvarez, Isaac Estévez Carballal  e Cristina Álvarez Bernárdez.

A colaboración dos voluntarios de Protección Civil co Concello de Tui ten sido de gran  importancia durante o Estado de Alarma realizando un total de 477 horas en distintos servizos. A principal actividade estivo no reparto de alimentos, tanto a través do departamento de Servizos Sociais coma colaborando con SOS Tomiño Baixo Miño. A distribución de máscaras e  pantallas de protección, a desinfección de contedores e instalacións municipais foron outros dos labores realizados. Amais entregaron os cardenos de estimulación cognitiva da Asociación de Párkinson do Baixo Miño entre os usuarios deste colectivo. Tamén colaboraron na entrega de ordenadores a aqueles estudantes que carecían desta ferramenta para poder seguir as clases en liña, e realizaron a colocación de carteis informativs, entre outras tarefas.

Dende o Concello de Tui quérese amosar publicamente o agradecemento polo labor realizado ao longo dos últimos meses a María Fernanda Esteves Abreu, Alberto Solleiro Álvarez, Isaac Estévez Carballal, Adolfo Pérez Paramos e Juan Manuel González Estévez.