Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Proceso selectivo nomeamento interino Técnico de Xestión e formación de lista de reserva

30/12/2020

Resultados 3º exame, convocatoria proba de galego e requirimento para a presentación de méritos

Resultados do terceriro exame de técnico de xestión realizado o día 15/12/2020, os aspirantes dispoñen de tres días hábiles para presentar alegacións ao mesmo.

O tribunal asemade convoca a aspirante Pilar  Díaz-Pavón Sánchez Tembleque a realización da proba de coñecemento do idioma o vindeiro martes día 12/01/2021 as 11:00 horas na casa do Concello sita en Praza do Concello nº 1, 36700 Tui.

Asemade coma este exercicio non é eliminatorio e en aras de axilizar o proceso se realiza a apertura do prazo para a presentación da documentación xustificativa dos méritos alegados xunto coa instancia de participación, de xeito que o mesmo día 12/01/2021 se realizará a valoración dos mesmos.

Polo que se concede un prazo de 3 días hábiles para presentar a documentación xustificativa, agradecendo que en caso de que, non se vaia presentar mérito algún se remita correo electrónico a dirección secretaria.persoal@tui.gal indicando esta circunstancia.

Os aspirantes disporán dun prazo de tres días hábiles para presentar alegación ás valoracións da listaxe provisional. Se a reclamación se presentara fora das dependencias municipais, deberá enviarse o correo electrónico secretaria.persoal@tui.gal o xustificante da mesma. Prazo que remata o 07/01/2021