Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Preto de 700 escolares visitaron o Planetario Viaxeiro

6/10/2006

PRETO DE 700 ESCOLARES DE TUI VISITARON O “PLANETARIO VIAXEIRO”

Un total de 692 rapaces de Tui visitaron ao longo desta semana o “Planetario Viaxeiro” que co patrocinio de Fundación La Caixa e colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui estivo dende o pasado xoves 28 de setembro ata o mediodia de hoxe, xoves 5 de outubro, na Sala Municipal de Exposicións do edificio da Área Panorámica tudense.
Esta actividade de divulgación científica realizaba un achegamento dos rapaces ao mundo da astronomia mediante a visión do ceo nunha noite do outuno acompañado dunha montaxe que explicaba diversos aspectos do firmamento.
A resposta acadada á convocatoria formulada pola Concellería de Cultura tudende, ao través da Biblioteca Pública Municipal, foi todo un éxito, pois en breve prazo foron completadas todas as citas e houbo varios grupos escolares que non poideron acceder á visita a este Plantario.
A final un total de 692 rapaces procedentes do seguintes centros escolares: Colexio Santa María (Maristas), CEIP nº 2, CEIP de Ranfude, CEP de Caldelas, CEP de Guillarei e do Seminario Menor teñen participado nesta actividade, así como un grupo de discapacitados da Asociación Avelaiña de A Guarda. Cómpre salientar que diversos grupos escolares de Vigo amosaron o seu interese por participar neste planetario, non existindo xa citas dispoñibles.
Aproveitando esta participación no “Planetario viaxeiro” diversos grupos escolares realizaron unha visita guiada á Biblioteca Pública Municipal tudense achegandose aos recursos que este centro ofrece aos cidadáns, tamén aos rapaces tudenses.
Para o concelleiro de cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a importante participación acadada acredita o interese desta exposición e anima ao Concello tudense a promover novas actividades neste ámbito. Por outra banda dende a Concellería de Cultura agradecen a La Caixa a súa colaboración co Concello e a súa aposta pola actividade cultural na nosa cidade e aos diversos centros escolares participantes polo seu interese e favorable acollida a esta actividade.