Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Preto de 250 nenos de 6º de primaria dos centros escolares de Tui participarán esta semana na Aloiada 2019

11/06/2019

Equitación, escalada, ou piragüismo son algunhas das actividades que van a levar a cabo

Na mañá de hoxe presentouse no concello de Tui a Aloiada 2019 na que van a participar os 8 centro educativos de Tui, CEIP Nº1, Nº2, CEIP Pazos de Reis, CEIP de Rebordáns, CEIP de Guillarei, CEIP de Randufe, CEP de Caldelas e CPR Sta Mº Maristas.

A actividade dará comezo este xoves ás 9.30h coa recollida dos alumnos nos centros escolares en dirección ó Parque Natural do Aloia. A media mañá desprazaranse o Monte Galiñeiro, onde a partir das 12.15 comezarán as actividades de escalada, equitación, Rappel, orientación e dous talleres, un de primeiros auxilios e outro de nós. A partir das 17.00h iniciarán unha ruta de sendeirismo dende o Monte Galiñeiro até o Monte Aloia, coa chegada prevista ás 20.30h aproximadamente.

O venres a xornada comezará ás 9.00h co almorzo e acto seguido a recollida de tendas de campaña. Ás 10.30h será o inicio dunha ruta de sendeirismo que os levará por a Poza de Cavanas, Arboreto, Rego da Pedra e o Muiños do Tripes en Pazos de Reis. Ás 14.00h está prevista a comida no Parque de Circos e no Parque do Penedo. Ás 16.00h darán comezo as actividades acuáticas de remo e piragüismo no rio Miño até ás 19.30h, cando remata a xornada.  

A Aloiada é unha actividade que conta coa colaboración do Concello de Tui e a Consellería de Medio Ambiente,  o Local Amigos do Aloia e local Entidade Menor de Pazos de Reis, a Federación Galega de Montañismo, o Club Kayak Tudense, e Club Remo Tui, a empresa Verde-Azul Aventuras e o  Club Hípico Equigalia. A Aloiada conta tamén coa colaboración de diversos locais de alimentación ós que se lles solicitou unha aportación de comida para as das dúas xornadas.

O concelleiro de Deportes en funcións, Eduardo Freiría, e a concelleira de Educación en funcións, Mila González, destacaron o valor que ten para os nenos esta xornada de convivencia tanto entre alumnos como coa natureza.

Pola súa parte, o alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín, felicitou os directores dos 8 centro educativos por facer que unha actividade tan enriquecedora para os alumnos se teña convertido xa nunha tradición.