Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Policía Local interveu nunha festa privada na madrugada do sábado, rexistrou unha alcoholemia positiva e propuxo dúas sancións polo non uso da máscara

31/08/2020

Unha intervención nunha festa privada de madrugada, unha alcoholemia positiva e dúas propostas de sanción por non usar a máscara foron as principais actuacións da Policía Local de Tui na fin de semana.

A Policía Local de Tui deu o alto na madrugada do venres ao sábado, ás 00.45 h, a un vehículo cuxos ocupantes non facían uso do cinto de seguridade. Deuse a circunstancia que o condutor tiña retirado o permiso de conducir polo xulgado, amais deu positivo na proba de alcoholemia. Os axentes tramitaron o correspondente atestado.

Tamén o sábado de madrugada, á 1.39 h, efectivos da Policía Local foron alertados da celebración dunha festa privada  nun recinto privado de uso público.  Os axentes comprobaron coma case a totalidade dos asistentes eran menores polo que deron aviso aos seus pais. 

Durante a fin de semana a Policía Local realizou dúas propostas de sanción polo non uso da mascarilla, e colaboraron en distintas alertas co 112.