Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno ordinario da corporación municipal de Tui este xoves 19 de novembro

18/11/2020

A corporación municipal de Tui celebra pleno de carácter ordinario este xoves, 19 de novembro, ás 20 h coa seguinte orde do día:

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borradores das actas de sesións anteriores nº 8, de 24 de setembro, e nº 9, de 22 de outubro.

2º.- Expediente 956/2020. Proposta da Alcaldía, de data 13/11/2020, relativa a aprobación do documento "Plan de Acción para el Clima y la Energía Sostenible (PACES) Tui-Pontevedra."

3º.- Expediente 2098/2020. Ditame da Comisión Informativa de Honores e Distincións, de data 12/11/2020, a proposta de data 09/11/2020 da concelleira de Ensino e Cultura , instructora do expediente para concesión de medalla de ouro do Concello de Tui ao "Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres".

4º.- Expediente 1887/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 12/11/2020, a proposta da Concelleira de Facenda, de data 05/11/2020, relativa a concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "Limpeza de muro" sitas na rúa Seixas, nº 4.

5º.- Expediente 2016/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 12/11/2020, a proposta da Concelleira de Facenda, de data 05/11/2020, relativa a concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "Substitución de tarima flotante" sitas na rúa San Telmo, 7.

6º.- Expediente 2987/2018. Ditame da Comisión Informativa da Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 12/11/2020, a proposta da concelleira de Facenda, de data 07/10/2020, relativa a bonificación de ICIO por obras a favor de afectado explosión de Paramos.

7º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 12/11/2020, relativo a compromiso en relación con vivendas de Caldelas. 

8º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 12/11/2020, relativo a escrito de SOS sanidade pública de Galicia con data de rexistro nº 2020-E-RC-7197 de 12/11/2020.

9º.- Mocións de Urxencia.

B) Actividade de control:

10º.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía do nº1033, de 18/09/2020, ao nº 1290, de 13/11/2020.

C) Rogos e preguntas:

11º.- Rogos e preguntas.

O pleno poderá seguirse en directo na emisora municipal. 

Convocatoria sesión nº 10/2020 de pleno ordinario do xoves, 19 de novembro