Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno extraordinario da corporación municipal de Tui o martes 29 de decembro

28/12/2020

A corporación municipal de Tui celebra mañá martes, 29 de decembro, pleno de carácter extraordinario con 9 puntos na orde do día. Poderá seguirse en directo a través da Radio Municipal de Tui. 

A orde do día é a seguinte: 

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta de sesión anterior ordinaria nº 10/2020,

do 19 de novembro.

 

2º.- Expediente 2298/2020. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/12/2020, favorable a proposta do conxunto dos grupos da corporación relativa á aprobación das bases reguladoras e convocatoria para a concesión de axudas á reactivación económica do Concello de Tui a través dos bonos "Activa Tui".

 

3º.- Expediente 2705/2019. Ditame da comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos, de data 22/12/2020, favorable a proposta de Alcaldía de data 14/12/2020 de aprobación licitación concesión de obra pública aparcadoiro soterrado.

 

4º.- Expediente 2269/2020 (Relacionado con expte. 2987/2018). Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 22/12/2020 favorable a proposta da concelleira de Facenda, de data 09/12/2020, relativa a bonificación de ICIO a solicitude de obra de afectado pola explosión de Paramos.

 

5º.- Expediente nº 2258/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 22/12/2020 favorable a proposta da Alcaldía, de data 17/12/2020, sobre ratificación resolución de Alcaldía de data 14/12/2020.

 

6º.- Expediente 1884/2020. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte do 22/12/2020 favorable a proposta de Alcaldía, de data 26/10/2020, relativa a corrección de erro do acordo de Pleno adoptado o 22/10/2020 no día correspondente ao Martes de Entroido.

 

7º.- Expediente 317/2020. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte do 22/12/2020 favorable a proposta de Alcaldía, de data 17/12/2020, relativa a aprobación de III Plan municipal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Tui 2020-2024.

 

8º.- Expediente 2569/2018. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais de data 22/12/2020, favorable a Proposta de Alcaldía, de data 17/12/2020, declarando a necesidade de ocupación de parte da parcela 36055A047001200000UA pertencente a KIWI ESPAÑA S.A segundo consta no proxecto de “Pasarela peatonal en la desembocadura del río Louro. T.M. de Tui (Pontevedra)”.

 

9º.- Expediente 476/2017. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais de data 22/12/2020, favorable a proposta de Alcaldía, de data 09/12/2020, relativa a aprobación definitiva do Plan Especial do Conxunto Histórico-Artístico do Concello de Tui.

 

Ver convocatoria