Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A partir do 1 de xaneiro a renovación da demanda de emprego xa NON será automática

18/12/2020

Dende a Oficina do Servizo Público de Emprego de Tui informan que a partir do 1 de xaneiro de 2021 a renovación da demanda de emprego NON se realizará de xeito automático e será obrigatorio facelo dalgún dos seguintes modos:

  1. A través da Oficina virtual do Portal de Emprego de Galicia (https://emprego.xunta.gal)
  2. Desde o teléfono móbil, a través da aplicación MOBEM.
  3. Mediante chamada telefónica ao número  981 900 643 ou 012 indicando o seu DNI e un PIN que deberá coñecer previamente e que lle será enviado por correo electrónico. Se non coñece o seu PIN, solicite cita na súa oficina de emprego.
  4. No portal https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin empregando o seu DNI e o PIN que deberá coñecer previamente e que lle enviarán por correo electrónico. Se non coñece o seu PIN, solicite cita na súa oficina de emprego.
  5. Nos Puntos de información dos concellos.

Se precisa máis información  pode contactar coa oficina de emprego de Tui no teléfono 886 11 07 77 ou no correo oficina.emprego.tui@xunta.gal