Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pablo Nojés presenta mañan en Tui “Los Cómicos Ambulantes”, na programación de teatro para escolares

13/11/2006

Pablo Nojés presenta en Tui “Los Cómicos Ambulantes”
O espectáculo forma parte da programación para escolares

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá o cuarto espectáculo para escolares programado para o último trimestre do ano. As butacas deste espazo acollerá mañá a 350 alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria dos colexios CEIP nº1, CEIP nº2 , Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns e Maristas.

O espectáculo do que van disfrutar titúlase “Los Cómicos Ambulantes” correrá a cargo de Pablo Nojés, que a semana pasada representaba para os alumnos de infantil e 1º de Primaria “Qué pasa na praza”.

Desta volta Pablo Nojés aposta por xogar coa imaxinación levando a cabo pequenas historias recorrendo á linguaxe do gag. O humor xorde da acción e ofrece ao público un pastel de risas.

A Compañía de Pablo Nojés e Páprika leva 25 anos sobre os escenarios e platós de televisión, tempo no que recibiron 9 premios a nivel nacional.

Pablo Nojés e Páprika con “Los Cómicos Ambulantes”
Lugar: Teatro Municipal
Data: Martes 14 de novembro ás 10h
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Tui