Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns preséntase a XV Andaina Solidaria Tudense que se celebrará o sábado 12 de maio

4/05/2018

O próximo luns, 7 de maio, ás 17.30 horas, na sala de reunións da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da XV Andaina Solidaria Tudense, organizada polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui.  Celebrarase o sábado 12 de maio.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, e dos responsables do club AndaTui, Xosé Manuel Novoa e José Martínez Tato.