Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O goberno municipal levará de novo a pleno o plan de mellora do departamento de Urbanismo

16/11/2018

O goberno municipal de Tui volverá levar ao pleno ordinario deste mes a proposta para realización dun plan de mellora do departamento de Urbanismo do Concello.  Así o avanzou o alcalde, Carlos Vázquez Padín, logo de que esta proposta quedara sobre a mesa na sesión de outubro.

Indica que dende o goberno municipal entende que é fundamental ter un diagnóstico e posterior plan de mellora deste departamento. Búscase así diagnosticar a través de persoal experto esta área que ten gran complexidade xurídica e procedimental, para logo propor un plan de mellora. A pretensión do goberno municipal é encargar esta tarefa a unha empresa externa cun investimento de 16 mil euros.

No parecer do alcalde o departamento de Urbanismo leva anos tendo un “funcionamento deficiente” o que apunta está a ter consecuencias negativas ao dificultar as iniciativas dos emprendedores, das familias para obter licenzas para construír casas, para ter seguridade xurídica en todos os emprendementos”. Avanza que mentres sexa alcalde insistirá na elaboración deste plan de mellora  pleno tras pleno.