Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O equipo alevín do Club Tenis Tui proclamouse Campión Galego

3/06/2019

Na final caeu fronte ao Casino da Coruña tras imporse ao Mercantil de Vigo na semifinal

O equipo alevín do Club Tenis Tui proclamouse esta fin de semana subcampión galego de Primeira División. O equipo formado por Raúl Carreto, Gonzalo González, David Costas e Pablo Gregores impúxose na semifinal ao Mercantil de Vigo, e na final perdeu fronte ao Casino da Coruña.

Dende o Concello de Tui felicítase aos xogadores do Club Tenis Tui e ao club por este resultado.