Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio do Louro remata as obras na estrada da Veiga do Louro que se reabre ao tráfico

22/12/2020

O Consorcio de Aguas do Louro ven de rematar as obras de reparación do afundimento da rúa Loureiro na Veiga do Louro, que xa están abertas novamente ao tráfico.

As obras consistiron na reconstrución da pendente, beirarrúa e calzada caídas a consecuencia das intensas choivas e o desbordamento do río Louro producidas durante o temporal Cecilia en novembro de 2019.

Como parte das actuacións, tense limitado o peso dos vehículos que poden circular a 3,5 Tn e se ten limitado a velocidade máxima a 30 qm/h. Ademais, tense instalados lombos na calzada para reducir a velocidade, reposto a sinalización horizontal e mellorado a drenaxe da calzada.