Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio do Louro comeza as obras de reparación da estrada no Camiño da Veiga

3/12/2020

O Consorcio de Augas do Louro, iniciará nos próximos días as obras de reparación da estrada no Camiño da Veiga, preto da Ponte do Louro.

As obras consistirán na reconstrución da pendente, beirarrúa e calzada caídas a consecuencia das intensas choivas e o desbordamento do río Louro producidas durante o temporal Cecilia en novembro de 2019.

O importe dos traballos ascenderá a 39.083,93 €.