Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui solicita á consellería de Sanidade que revise as deficiencias no novo centro de saúde

1/03/2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu hoxe un escrito á consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no que solicita que adopte as medidas necesarias para solucionar as deficiencias que presenta o novo centro de saúde na rúa Casal Aboy.

O mandatario tudense expón que no novo ambulatorio existen certas deficiencias que están a padecer tantos os usuarios coma os traballadores do centro. Por este motivo demanda que se corrixan esas carencias para poder así ofrecer un mellor servizo.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, busca así ter coñecemento polo miúdo das actuacións que se están acometendo xa que segundo a resposta dada en sede parlamentaria, Sanidade está a solucionar as deficiencias detectadas no PAC de Tui, e o departamento autonómico amosou o seu dispor a “escoitar aos profesionais do centro de saúde  e a ter en conta as súas aportacións, e poñelas en práctica para mellorar a prestación do servizo sanitario”.