Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Concello de Tui agradece o envío de material por parte das administracións e as doazóns de particulares

30/03/2020

O Concello de Tui está a recibir material de protección tanto das distintas administración coma de persoas voluntarias e empresas que logo distribúe entre os propios servizos municipais, centro de saúde, residencias de maiores, farmacias, supermercados da localidade. 

Así por unha parte esta semana o Concello recibiu 350 unidades de mascarillas cirúrxicas, 6 botes de 500 me de xel hidroalcohólico, 1 garrafa de 5 litros de deseinfectante clorado, 12 traxes antisalpicaduras e 60 batas protectoras enviadas pola Xunta de Galicia. 

Por outra parte son distintas as persoas anónimas que de xeito individual ou colectivo e mesma empresas as que están a realizar aportacións solidarias de material nestes días. 

Hoxe mesmo foi o grupo “Bicho fóra” integrado por persoas de Tui, Salceda, O Porriño, Gondomar, o que fixo entrega de 1.190 mascarillas, 14 batas e 40 gorros confeccionados con tecido non tecido. Uns elementos que foron xa esterilizados previo ao seu reparto. 

Estes elementos de protección están a ser distribuídos polo Concello entre os traballadores do Servizos Sociais, a Policía Local, Protección Civil, servizo de limpeza e outros empregados municipais que están a realizar o seu labor estes días, moitos deles na desinfección de rúas e contedores. Igualmente parte deste material faise chegar ao Servizo de Axuda no Fogar, ás residencias de maiores que hai na cidade, a Praza de Abastos e establecementos comerciais abertos ao público… 

Dende o Concello de Tui o alcalde, Enrique Cabaleiro, destacaba o esforzo inmenso que están a realizar as distintas administracións para dotarse dos medios materiais necesarios e posibles nestes momentos. Indicaba que hai que sumar todos na medida do posible. 

O alcalde, Enrique Cabaleiro, quixo tamén facer un agradecemento publico á veciñanza que está a realizar labores altruístas coa elaboración de mascarillas, traxes… ás empresas que están doando material e outras que están pondo material para levar a cabo desinfección de rúas. Salientaba que deste xeito “están facendo unha contribución importante e palían en certa forma as carencias que nestes momentos temos as administracións públicas”.