Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Nova Galega de Danza presenta en Tui este venres “Engado”

17/10/2006

Nova Galega de Danza presenta en Tui este venres “Engado”
Este espectáculo chega á cidade grazas a colaboración entre a Concellería de Cultura e Caixanova

A Concellería de Cultura de Tui e Caixanova presentan este venres en Tui a “Nova Galega de Danza” co seu último espectáculo “Engado”. Será no Teatro Municipal na Área Panorámica ás 21.30h. O prezo das localidades será de 6€, 4€ e 2€ e poranse á venda o venres ás 16.30h.

A compañía Nova Galega de Danza, da Coruña, presenta en Tui “Engado” o seu novo traballo no que profundiza nun proceso de fusión, e fala da fantasía e da realidade nas nosas vidas. Música en directo e danza mestúranse á perfección neste proxecto que indaga ao tempo nas raíces da música galega.

Sobre o escenario estarán os bailaríns Emma Cabañas, Lillianne Frías, Ruth Cordero, Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer, levando amais estes dous últimos a dirección artística e coreográfica. Os músicos son Ricardo Rozas, Miguel Queijas, José Belmonte, Miguel Castro, Javier Díaz, Pedro Lamas, José Luis Romero e Suso Iglesias.

Este traballo conta coa colaboración directa do fotógrafo Vari Caramés, do Modisto Cristóbal Vidal, e da axenda de deseño gráfico “des_cribir”

Nova Galega de Danza comezou a súa andadura en 2003 con “Alento”. Foi recoñecida en 2004 no estudo anual da SGAE no apartado de danza coma a compañía galega independente máis exitosa dese ano. Pouco a pouco vaise facendo un oco e espertando o interese do público e de diversos colectivos artísticos.

Nova Galega de Danza con “Engado”
Lugar: Teatro Municipal
Data: Venres 20 ás 21.30
Prezo: 6€ - 4€ - 2€
Venda de localidades na billeteira da Área Panorámica dende ás 16.30h o día do espectáculo.
Organiza: Concellería de Cultural do Concello de Tui
Patrocina: Caixanova