Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Música e teatro nas rúas tudenses polo Nadal

16/12/2020

O día 5 está prevista unha recepción dos Reis Magos

As rúas e prazas do centro urbano será o escenario da actividade de animación programada polo Concello dentro da programación “Tui, o Camiño do Nadal” que se vai desenvolver dende este sábado 19 de decembro e até finais de ano. O programa festivo pecharse coa recepción dos Reis Magos o 5 de xaneiro, nun acto cheo de maxia e ilusión do que proximamente se darán a coñecer todos os detalles.  

Catorce agrupacións serán as encargadas dos pasarrúas musicais ou teatrais previstos e plantexadas con todas as medidas de seguridade de prevención da COVID19 e con espectáculos sempre en movemento.

A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá varios concertos nestas semanas reducindo o número de músicos de cada actuación a unha véntena e adaptando o repertorio a estas condicións especiais tanto nos ensaios coma nas actuacións. 

As charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo encherán de festa rúas e prazas nestas datas festivas. Nesta programación de Nadal estarán tamén presentes as agrupacións folclóricas das distintas parroquias tudenses que farán soar a nosa música tradicional nos pasarrúas previstos a cargo dos grupos Aloia de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, San Fins de Rebordáns, Seixos Albos de Areas, Arume de Malvas, Xuntanza de Randufe, ou A Insua de Caldelas.

Barafunda presentará os espectáculo de animación con globos “Trasnos” e “Alicornos”. A compañía de novo circo Asacocirco presentará “De Branco” e “Con Frak”, e Troula achegará “Krasnobarak” e “Carteiro Branco Real”.

Amais o día 24 estará  en Tui dentro do “Nadal en Galego” da Deputación o Apalpador. Dende ás 17 h fará un pasarrúas musical xunto a un compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e do seu burro Río Lor para que os nenos e nenas poidan gozar das súas lendas, da súa sabiduría.

A programación pecharase o 5 de xaneiro coa presenza en Tui de Melchor, Gaspar e Baltasar cunha recepción real da que proximamente se darán a coñecer todos os detalles. 

Tui, O Camiño de Nadal
Programación de rúa

Sábado 19
•    Ás 12:30 h Grupo de gaitas Aloia de Pazos de Reis
•    Ás 19:30 h Banda de Música Popular de Tui Xs
Domingo 20
•    Ás 12:30 h Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro
•    Ás 18:30 h Charanga Cantos Somos
•    Ás 19:30 h Banda de Música Popular de Tui Xs
Luns 21 
•    Ás 17:30 h Barafunda "Trasnos"
Martes 22 
•    Ás 17.30  h Asacocirco "De Branco"
Mércores 23
•    Ás 17:30 h Troula "Krasnobarak"
Xoves 24
•    Ás 17:00 horas no Paseo da Corredoira O apalpador
•    Ás 18.30 h Charanga A Tu Ritmo
Sábado 26
•    Ás 12:30h Grupo de gaitas Seixos Albos de Areas
•    Ás 18:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas
•    ÁS 19:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas
Domingo 27
•    Ás 12:30 h Alumnado da Escola de Gaitas e Percusión A Insua de Caldelas
•    Ás 13.15 h Grupo de Gaitas San Fins de Rebordáns
•    Ás 18:30 h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe 
•    Ás 19:30h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe
Luns 28
•    Ás 17:30 h ASACOCIRCO "Con FRAC"
•    Ás 18:30 h Banda de Música Popular Tui Xs
Martes 29
•    Ás 17:30 h Barafunda "Alicornos"
•    Ás 18:30 h Banda de Música Popular Tui Xs
Mércores 30
•    Ás 17:30 h Troula " Carteiro Branco Real"
•    ÁS 18:30 h Charanga Cantos Somos
Martes 5 de xaneiro
•    Recepción dos Reis Magos