Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán do Concello de Tui

27/06/2018

Ofértanse dúas quendas do 16 ao 31 de xullo e do 1 ao 14 de agosto

Mañá venres, 29 de xuño, abre o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2018 que organiza o Concello de Tui. Este ano ofértanse dúas quendas, a primeira do 16 ao 31 de xullo e a segunda, do 1 ata o 14 de agosto. As solicitudes, xunto á documentación requirida, débese entregar na secretaría da casa do concello ata o día 4 de xullo.

Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do concello. Ademais, co desenvolvemento deste campamento, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.

O prezo do campamento será o mesmo que nas edicións pasadas, estando establecido en 30,56€ por quenda.