Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá présentase o VI Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

19/06/2019

Mañá xoves, 20 de xuño, ás 11.00 horas españolas, terá lugar, no salón de plenos da casa do concello de Tui, a presentación do VI Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Este evento, organizado polo Club Deportivo Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu, celebrarase este domingo, 23 de xuño, a partir das 10.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Tui e Valença, Rafael Estévez e José Monte, así como o vicepresidente da Federación Galega de Kung Fu, José Luis Rodríguez Acevedo, o director do campionato, Eduardo Méndez, o director do departamento de Kung Fu moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco e Julio Conde, campión do mundo de Kung Fu.