Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores celébrase o Día do Deporte nas festas de San Telmo

3/04/2018

Volverán a celebrarse actividades infantís, cinema, canto coral e teatro. 

Mañá mércores, 4 de abril, será Día do Deporte dentro da programación das Festas de San Telmo con exhibicións de distintos deportes que se van celebrar no pavillón do IES San Paio.

Está previstas exhibicións de bádminton e tenis de mesa de 11 a 14h e de 16 a 18.30h a cargo do club Bádminton Tui e do club de Tenis de Mesa Monteferreiros, abertas a todos os que desexen practicar estes deportes.  Amais o Judo Club Tudense levará a cabo unha exhibición de judo de 12.45h a 13.15hm e o club Xadrez Tui de 11 a 14h. Mentres de 18.30h a 19h o club de patinaxe artístico Ribex fará unha exhibición e os que o desexen poderán practicar tamén cos seus patinadores.

Amais a piscina municipal de Tui acollerá dúas exhibicións a cargo do Club Piragüismo Penedo Te Importa unha por parte dos seus equipos de Kaiak Polo e outra dos seus padeeiros de slalom. Por último ás 20h nas pistas deportivas do Liceo Casino haberá unha exhibición de padel en colaboración co club Padel 8.

Por outra parte cómpre lembrar que mañá ás 23.59 h remata o prazo de inscrición para a Carreira Popular Solidaria de San Telmo, e o xoves para a Andaina de San Telmo, dúas actividades que se van celebrar o sábado á mañá.

Amais das actividades deportivas os pequenos das casa teñen mañá novas citas. De 11 a 13h os monitores de Chirlomirlo conducirán o obradoiro “Recuperando as tradicións” na Área Panorámica, e ás 16h En Un Tris Tras acompañará aos cativos na Sala Félix Rodríguez  na proxección de cinema infantil “ORM en el reino de las nieves”.​

Ás 17h está prevista a actuación da Coral San Telmo na Residencia Paz e Ben. 

Por último ás 21h na X Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis estrea “O lío que lle lían a Pío” de José Cedena. Esta comedia, interpretada por nove actores dirixidos por Noelia Solla, retrata a vida a un restaurante cunha clientela complicada.

Programación Festas de San Telmo – Mércores, 4 de abril, Día do Deporte

  • 11.00-13.00 h No edificio da Área Panorámica, porta 12, actividades infantís - “Recuperando as tradicións” con Chirlomirlo. *Entrada libre ata completar capacidade.
  • ​11.00-14.00 h  e de 16h a 18.30h No Pavillón do IES San Paio, Deporte na rúa, actividades de Bádminton a cargo do Club Bádminton Tui e de Tenis de Mesa co club de Tenis de Mesa Monteferreiros.
  • 11.00-14.00 h No Pavillón do IES San Paio, Deporte na rúa Xadrez co club Xadrez Tui
  • 12.45-13.15 h No Pavillón do IES San Paio, Deporte na rúa Exhibición de Judo a cargo do Judo Club Tudense
  • 16.00 h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil “ORM en el reino de las nieves” con En Un Tris Tras - 80 min.*Entrada libre ata completar capacidade.
  • ​16.00-20.00 h Na Piscina Municipal, Exhibición de Kaiak Polo e Slalom.
  • ​17.00-18.00 h Na Residencia Paz e Ben actuación da Coral San Telmo.
  • 18.30-19.00 h No Pavillón do IES San Paio, Deporte na rúa patinaxe do club de Patinaxe Artístico Ribex
  • 20.00 h nas pistas deportivas do Liceo Casino Deporte na rúa padel co club Padel 8
  • 21.00 h No Teatro Municipal X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de Teatro Aloia de Pazos de Reis estrea “O lío que lle lían a pío” – 60 min. Entrada 1,5 €.