Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 18 h inaugúrase a exposición “O Tui (in)visible” de Loty

15/12/2020

Mañá mércores, 16 de decembro, ás 18 h na Sala de Exposición de Municipal, na Área Panorámica, terá lugar a inauguración da exposición “O Tui (in)visible” do fotógrafo Loty. A mostra está organizada polo AMIT, o Arquivo Municipal da Imaxe de Tui, con fondos procedentes do Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

A mostra recolle 35 de fotografías tomadas nos anos 20 polo fotógrafo francés Justin Marie Charles Alberty Jeanneret “Loty” que xunto a súa dona Concepción López, crearon un banco de imaxes de España, Portugal e otros países. 
O acto inaugural contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.