Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 12.30h no salón de sesións da casa do concello ten lugar o acto central da campaña En Negro

23/11/2017

Mañá ás 12.30hn no salón de sesión da casa do concelo de Tui terá lugar o acto central na cidade da campaña “En negro”.  O alcalde, Carlos Vázquez Padín, dará lectura ao manifesto gallo da conmemoración este sábado, 25 de novembro, do Día Internacional contra a violencia de xénero. O acto contará coa actuación dun trío de vento metal do Conservatorio Profesional de Música de Tui formado por Felipe Fernández Vilanova, Lucas Álvarez Pérez e Ángel Canfora Lorenzo.

Tui forma parte da campaña desenvolvida a nivel galego que propón tinxir as cidades de negro a través da roupa, os manequíns dos escaparates, os carteis de En Negro... en sinal de dó polas mulleres vítimas de violencia de xénero.