Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inicio das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra en Tui

3/10/2017

Abrangue catro modalidades deportivas: patinaxe, fútbol, balonmán e piragüismo

As Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui desta temporada están xa en marcha ofertando catro modalidades deportivas, fútbol, patinaxe, balonmán e piragüismo.

A primeira das actividades que comezou onte mesmo é a de patinaxe, que este ano debido ao número de inscricións presentadas, se realizará unicamente os luns. Será no pavillón do CEIP de Rebordáns de 16.30 horas a 20.30 horas, en catro grupos divididos polo nivel dos participantes. Esta actividades será impartida este ano por monitores da Federación Galega de Patinaxe. O listado de participantes pódese consultar na casa do concello ou na web municipal www.concellotui.org.

As outras tres escolas deportivas póñense tamén en marcha esta semana, permanecendo aínda aberta a inscrición para as mesmas a través dos propios clubes deportivos.  Así as clases de balonmán realizaranse os xoves de 16.00 a 17.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal, e as de fútbol, no campo de fútbol de Ribadelouro, os mércores e venres a partir das 18.00 horas. Mentres as escolas deportivas de piragüismo, dirixidas a nenos e nenas a partir dos 8 anos, son coordinadas polo Club Kayak Tudense e o Club Piragüismo Penedo, dado que ten una temporalidade distinta ao resto das actividades.

Consultar listaxe provisoria